Escoitar

O Concello programa o día de Nadal un concerto de Rosa Cedrón na árbore de Policarpo Sanz

O alcalde anunciou este mércores o recital, que comezará ás 20 horas e terá un aforo dunhas 300 persoas, con acceso gratuíto. O evento terá protocolo Covid, con distancias e butacas, e será emitido por streaming.

mércores, 23 dec 2020

O goberno de Vigo celebra este venres, 25 de Decembro, ás 20 horas un concerto na árbore de Porta do Sol, unha actuación a cargo de Rosa Cedrón para unhas 300 persoas e que será tamén retransmitida por streaming.

Anunciouno este mércores en rolda de prensa Abel Caballero, quen afirmou que “queremos facer actividade cultural en Vigo” e detallou que o recital cumprirá co protocolo Covid, co público sentado e con distancias. Será de entrada libre ata completar aforo, “por estrita orde de chegada” ao acceso do cruce de Policarpo Sanz con Colón.

Rosa Cedrón é unha cantante galega e intérprete de violonchelo que formou parte nove anos do grupo Luar na lubre, e desde o 2005 desenvolve a súa carreira musical en solitario. Ten publicado tres discos e outros dous en colaboración con outros artistas.