Escoitar

O alcalde saúda aos Reis Magos nunha Cabalgata estática de oito horas con seguridade covid 1.000 x 100

O alcalde achegouse esta mañá á avenida Castelao para recibir a súas Maxestades de Oriente que saudarán aos pequenos de Vigo ata ás 20,00 h. Nunha Cabalgata estática de oito horas con seguridade covid “1.000 x 100” na que participará un operativo de 500 persoas.

martes, 5 xan 2021

O alcalde deulle esta mañá a benvida á cidade ás Súas Maxestades de Oriente que desde as 12,00 h e ata ás 20,00 h saúdan aos nenos e nenas na avenida Castelao, nunha cabalgata estática adaptadas ás circunstancias sanitarias e con seguridade covid 1.000 x 100. O operativo deste evento conta con preto de 500 persoas, entre eles 300 colaboradores, 100 policías, 20 efectivos de Protección Civil e 12 controladores de acceso, ademais dos servizos de emerxencia e puntos de información para nenos perdidos. Trátase dunha Cabalgata con distancias, sen nenos nas carrozas e cun recinto pechado no que non se poderá entrar sen reserva previa, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O horario de apertura do percorrido será de 12,00 a 20,00 horas, cunha parada entre as 15:30 e as 16:00 horas, e a temática deste ano é “Civilizacións do mundo na historia”. Cada pase é para un máximo de 6 persoas e cunha hora de acceso ao recinto da cabalgata. O Concello dispuxo un total de 6.500 reservas horarias para acudir á Avenida de Castelao e poder acceder á zona a través duns dos tres carrís habilitados.

Descargar todas as imaxes