O Concello deseña o plan de tráfico para a obra do túnel de acceso á AP-9 e a derruba do paso elevado da rúa Lepanto
As obras do novo acceso á Autoestrada do Atlántico (AP-9) desde o centro da cidade obrigan ao Concello a poñer en marcha un plan de tráfico desde o vindeiro 12 de xaneiro. A actuación inclúe a derruba do paso elevado da rúa Alfonso XIII e a construción dun túnel. Tamén a próxima semana comeza a reforma da Praza Estación.