O Concello súmase á celebración do centenario da Escola de Empresariais
O alcalde participará o vindeiro 15 de xaneiro no claustro conmemorativo do centenario da institución, un acto ao que foi convidado este xoves por Consuelo Currás e Araceli González, directora e vicedirectora, respectivamente, da Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo.

Tralo encontro celebrado esta mañá, Abel Caballero destacou a relación entre o Concello e a Escola de Empresarias que se atopa nun edificio de "propiedade municipal, unha xoia arquitectónica de Jenaro de la Fuente, en arquitectura racionalista" e explicou que a súa presenza como alcalde no acto conmemorativo do centenario serve para "recoñecer que a Escola de Empresariais, a antiga escola de peritos, nace a iniciativa da cidade e do Concello de Vigo".