Amaral traslada o seu concerto en Castrelos a agosto do 2021 e ofrecerá este verán un acústico no Mar de Vigo

venres, 19 xuñ 2020

O alcalde confirmou este venres que Amaral actuará en agosto do ano 2021 no Auditorio de Castrelos. Trátase dun novo cambio no programa Vigo en Festas 2020 afectado pola pandemia do Covid-19. Ademais, o grupo zaragozano tamén ofrecerá un concerto acústico este 19 de xullo dentro da programación do Festival TerraCeo no Auditorio Mar de Vigo.

O alcalde asume cos presidentes das comisións a dificultade de organizar as festas de Bouzas, Coia ou San Roque

venres, 22 mai 2020

O rexedor sumouse esta mañá ás opinións dos presidentes das comisións de festas de Bouzas, Coia ou San Roque que lle trasladaron esta mañá nunha reunión virtual a dificultade de organizar estes eventos nestas circunstancias. Con todo, o rexedor comprometeu apoio municipal no caso de que poidan manter unha parte das celebracións relixiosas, tal e como prevén nun principio, pendentes da evolución da situación sanitaria.

Os hostaleiros vigueses homenaxean ao alcalde polo éxito das festas de Nadal

venres, 28 feb 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres unha distinción por parte da Asociación de Hoteles de Vigo (Ahosvi) en recoñecemento ao éxito das festas de Nadal e a alta ocupación turística rexistrada nos meses de decembro e xaneiro. O presidente de Ahosvi, Jaime Pereira, foi o encargado de entregar ao rexedor unha placa conmemorativa no acto celebrado no Hotel Galeones.