Vigo celebra a Festa da Reconquista do 27 ao 29 de marzo
venres, 17 xan 2020O acto de representación da destitución do alcalde Vázquez Varela terá lugar o sábado 28 e a recreación da reconquista da vila será o domingo ás 18 horas.
O acto de representación da destitución do alcalde Vázquez Varela terá lugar o sábado 28 e a recreación da reconquista da vila será o domingo ás 18 horas.
O alcalde fixo balance este luns dos case que dous meses de Nadal vigués, que se salda con máis de 3 millóns de persoas que pasaron pola árbore da Porta do Sol e unha ocupación hoteleira media do 82%, que superou o 90% nas fins de semana.
Na mesma fin de semana de reis do ano pasado, a cidade rexistrou unha ocupación do 54%, segundo os datos ofrecidos polo alcalde este xoves. Abel Caballero puxo en valor este incremento de vinte puntos porcentuais e avanzou que varios hoteis da cidade xa non teñen prazas dispoñibles para a ponte do día da Constitución.
A Cabalgata dos Reis Magos, o Belén Monumental, a Casa de Papá Noel e o Nadal Bus marcaron de novo datos de récord durante os últimos días. O alcalde confirmou que o vindeiro domingo, ás 20:00 horas, levarase a cabo o apagado do alumeado.
Abel Caballero avanzou este xoves que as Maxestades de Oriente teñen este ano moito parecido con Antonio García Teijeiro, Raúl Fontán e Ibrahima Nihan Sow, mentres que a Carteira Real con Ledicia Costas. O dispositivo de seguridade, no que participarán 90 policías e 350 voluntarios, comezará ás 09:00 horas.
O alcalde anunciou que a Cabalgata dos Reis Magos, que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro, chegará esta vez ata a rúa Pi e Margall, gañando uns 250 metros de percorrido para "poder acoller a moita máis xente en previsión dun novo récord de asistencia".
O alcalde convida a toda a cidade a presenciar mañá venres o recital de Nadal que ofrecen o organista Joao Santos e o contratenor Paulo Ferreira na Concatedral de Santa María onde xa actuaron o ano pasado con gran éxito. Abel Caballero avanzou que o concerto é "fantástico" e que "o órgano soa marabillosamente ben logo da rehabilitación financiada polo goberno municipal" que se estreou o ano pasado. A cita celébrase mañá ás 20:30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.
Abel Caballero detallou este luns o programa de actividades que abordará "O Mundo das civilizacións" e que está pensado para nenas e nenos de diferentes idades co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante o Nadal.
Desde o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro o Concello de Vigo instalará unha Carpa Infantil de Nadal en Navia (rúa Teixugueiras, 18-20) na que ofrecerá todo tipo de obradoiros e actividades para os máis cativos.
O concelleiro de Festas, Ángel Rivas, presentou as actividades da décimo sexta edición da festa do Nadal que se celebrará entre o 26 e o 30 de decembro con actividades de lecer e aprendizaxe para os máis pequenos da casa.