Á venda os abonos para o Super Bock Under Fest, con Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed como cabezas de cartel

venres, 11 out 2019

O alcalde informou do inicio da venda, deste este venres, dos abonos para a segunda edición do festival, que se celebrará o 22 e 23 de novembro co apoio do Concello. Pendente de pechalo definitivamente, o evento cita en Vigo a Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed como cabezas dun cartel que traerá a dez salas da cidade máis de vinte bandas internacionais, nacionais e da escena local. <br />