Vigo inicia a montaxe da árbore da Porta do Sol, da caixa de regalo e da caseta de Papá Noel
Segundo informou Abel Caballero, este luns comezou a montaxe dalgúns dos principais reclamos do Nadal vigués: a gran caixa de regalo da Gran Vía, a plataforma sobre a que se asenta a árbore de Porta do Sol, os xardíns decorativos de Príncipe e transversais, e a caseta de Papá Noel fronte ao MARCO.
O alcalde informou este luns do inicio dos traballos de montaxe dalgúns elementos emblemáticos do Nadal de Vigo, que estarán concluídos o 23 de novembro, data do acendido do alumeado.
Así, este mesmo luns empezou a montaxe da caseta de Papá Noel, que estará emprazada na mesma localización do pasado ano, na rúa do Príncipe, á altura do MARCO. Tamén hoxe os operarios comezarán cos preparativos dos xardíns que decoran no Nadal a rúa do Príncipe e as transversais.
A estrutura que soportará a gran árbore de máis de 30 metros de altura xa empeza a ser visible na Porta do Sol, logo de que terse empezado esta mañá co ensamblado da mesma. Por último, na noite deste luns arrancarán os traballos para a gran caixa de regalo que lucirá na Gran Vía, esquina con Urzáiz.