O alcalde aborda cos comerciantes e hostaleiros a celebración do Nadal na cidade
Con este encontro o Concello quere coordinar a acción das festas ante a previsión de afluencia masiva de visitantes. Amais, quedou firmado xa o Bando que paraliza as obras en Vigo durante as festas navideñas.
Abel Caballero reuniuse este venres con representantes do comercio e da hostalería da cidade e da provincia co fin de "harmonizar e coordinar a acción das festas do Nadal" ante a afluencia masiva de visitantes que se espera. O rexedor explicou que tivo a oportunidade de coñecer as expectativas do sector, a quen informou dos previsibles momentos punta e da difusión para os turistas, por parte do Concello, dos lugares de interese para poñer en valor o conxunto da cidade coa previsión de "cheo total nas pontes".
No encontro participaron comerciantes de Navia, Travesas, Calvario, Entorno Xeral, Zona Náutico, Torrecedeira, Teis, Casco Vello e Bouzas; a Federación provincial de Comercio; a Federación de hostalería Pontevedra, a Asociación Provincial de empresarios de hospedaxe de Pontevedra e representantes dos mercados das Travesas, Calvario, Progreso, Teis e Bouzas que amosaron o seu "optimismo e entusiasmo" ante a celebración do Nadal vigués.
Paralización obras Nadal
Abel Caballero informou tamén da sinatura do Bando para ordenar a paralización das obras en Vigo durante o Nadal co fin de facilitar a mobilidade no centro da cidade ante a previsión de maior afluencia de persoas e coches.
Establécense dúas zonas diferenciadas na cidade: na menos céntrica que inclúe rúas como Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido, Arquitecto Palacios, Avenida de Castrelos, Portanet, Avenida de Citroën e Circunvalación Oeste ata Bouzas prohíbese a realización de calquera obra ou traballo que afecte á vía pública, desde a medianoite do venres 13 ao sábado 14 de decembro e ata as 8:00 horas do 13 de xaneiro de 2020.
As empresas responsables das obras concluídas deben repoñer o pavimento e a sinalización para permitir a libre circulación de vehículos e persoas retirando casetas, vallas, materiais de obra e maquinaria, colectores de obra, sacos de residuos…
Na zona máis céntrica, que inclúe as rúas Isaac Peral, García Barbón, Alfonso XIII, Lepanto, Gran Vía, María Berdiales, Progreso, Doutor Cadaval, Porta do Sol, Elduayen e Poboadores, a vía pública debe quedar libre de obras e calquera evento que afecte á circulación desde a madrugada do domingo 10 ao luns 11 de novembro, ata as 8 horas do luns 20 de xaneiro de 2020.
Descargar todas as imaxes