O Pleno reclama ao presidente da Xunta que se poña ao fronte da crise do estaleiro Barreras
A moción para que Alberto Núñez Feijóo "asuma as súas competencias" en política industrial foi aprobada cos votos do PSOE. O mesmo posicionamento deuse a hora de aprobar a proposta para que a Xunta adique 140 millóns de euros a Vigo nos seus orzamentos.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou na súa sesión ordinaria do mes de outubro una moción reclamando ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que se poña ao fronte da crise do estaleiro Barreras e "asumas as súas competencias" en política industrial para resolver a situación.
A proposta do grupo municipal socialista foi defendida polo concelleiro Carlos López Font, que puxo de manifesto a necesidade de que o mandatario galego "veña a Vigo, convoque á empresa, aos traballadores e ao Concello" en busca dunha solución.
Pola súa banda, o concelleiro non adscrito Xabier Pérez Igrexas considerou que a moción era "un reproche baleiro" e anunciou o seu voto en contra "para non ser unha comparsa". A Marea de Vigo tamén se mostrou en contra e a concelleira Oriana Méndez puxo o foco sobre a precariedade das condicións de emprego nas contratas das auxiliares.
Por último, Teresa Egerique destacou que "a Xunta adicou un total de 50 millóns ao naval galego" e cualificou a moción como "demagoxia", polo que o seu grupo abstívose e a proposta saíu adiante cos votos a favor do PSOE.
Orzamentos autonómicos
Ademais, os votos de PSOE, Marea de Vigo e BNG serviron para aprobar outro moción socialista na que se insta á Xunta de Galicia a "incluír partidas no Orzamento de 2020 para cubrir todas as necesidades da cidade de Vigo ata un importe de 140 millóns de euros que lle corresponde á cidade por poboación". O PP abstívose.