O goberno local financia o programa de cooperación "Ela estuda por dous" en Cabo Verde
Un total de 62 adolescentes caboverdianas embarazadas puideron continuar os seus estudos grazas ao programa "Ela estuda por dous" que financia integramente o Concello de Vigo en Cabo Verde. O obxectivo é promover o dereito social básico á educación dun colectivo moi vulnerable.
O Concello de Vigo, en cooperación coa Fundación de Mulleres por África, desenvolveu este ano 2019 en Cabo Verde o proxecto de cooperación "Ela estuda por dous" cunha achega de 20.000 euros para financiar integramente o programa internacional.
Segundo explicou este martes o alcalde de Vigo, grazas a este proxecto un total de 62 mulleres adolescentes embarazadas e nais poden continuar os seus estudos. O programa está desenvolto en colaboración co Instituto Cabo-Verdiano para a Igualdade e a Equidade de Xénero e ten como obxectivo prioritario favorecer o exercicio do dereito á educación de adolescentes embarazadas e nais.
O proxecto responde a dúas estratexias específicas. Por unha banda, promover o exercicio do dereito social básico á educación dun colectivo moi vulnerable de adolescentes embarazas e nais; e por outro, impulsar a equidade de xénero e o empoderamento das mulleres desde a infancia.
O proxecto piloto do Concello de Vigo tamén sentará as bases dunha cooperación institucional e académica coas autoridades de Cabo Verde, para abordar o fenómeno que actualmente expulsa do sistema académico a nenas e adolescentes, interrompendo o seu proceso de desenvolvemento e crecemento.