Escoitar

O alcalde e Conxemar ven fundamental ampliar o IFEVI para poder competir con Barcelona

Logo dunha entrevista este martes cos responsables de Conxemar, Abel Caballero confirmou que foi invitado e asistirá á reunión da xunta directiva do próximo día 13, co horizonte da ampliación do recinto feiral de cara á edición 2020 da Feira, que contará coa competencia da Seafood de Barcelona.

martes, 29 out 2019
1572357043IfeviConxemar.jpeg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión co presidente e o secretario de Conxemar, José Luis e Constante Freire respectivamente, para abordar a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) e contar con 5.000 m2 máis de superficie na feira do próximo ano.

En declaracións posteriores, tanto Freire como Caballero coincidiron en resaltar a importancia de poder contar con máis terreo para Conxemar 2020, ante a competencia que supón a celebración en Barcelona da Seafood -con maior superficie expositiva que o IFEVI- e evitando así que empresas interesadas en estar en Vigo non teñan espazo dispoñible. Para o alcalde, a ampliación é fundamental para a supervivencia e a competitividade da feira viguesa.

Abel Caballero explicou que o propio IFEVI está elaborando o proxecto básico da ampliación. Ao respecto dos trámites administrativos, que competen tanto ao Concello como a Xunta de Galicia, o alcalde anotou que foi invitado e aceptou participar na reunión do próximo día 13 de novembro da xunta directiva de Conxemar, cita á que os responsables da entidade invitarán tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, segundo anunciaron.
Descargar todas as imaxes