Escoitar

O goberno de Vigo licita a produción das carrozas municipais da cabalgata de reis

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para o deseño e produción das cinco carrozas municipais da Cabalgata de Reis, que versará sobre personaxes e animais de contos e historias da infancia. Ademais, o alcalde informou da aprobación das bases do concurso "Vente cos Reis Magos" para seleccionar os 40 nenos que irás nas carrozas.

xoves, 17 out 2019
1571316989ALCALDE.JPG
En rolda de prensa despois da Xunta de Goberno Local deste xoves, Abel Caballero deu conta da aprobación do expediente de contratación do deseño e produción das cinco carrozas municipais para a próxima cabalgata do 5 de xaneiro, contrato para o que o Concello reserva 65.000 euros. O alcalde desvelou a temática do desfile de reis, que se baseará en personaxes e animais de contos e historias da infancia.

Ademais, e dentro da mesma cuestión, o goberno de Vigo aprobou as bases de participación do concurso "Vente cos Reis Magos", co obxectivo de seleccionar 40 nenos e nenas -e suplentes- que acompañarán aos reis na cabalgata. Poden optar os nacidos entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2011, presentando no rexistro xeral a inscrición, documento que pode descargarse na web do Concello e estará dispoñible en colexios, asociacións culturais e oficinas descentralizadas municipais.

O prazo para anotarse comezará ao día seguinte da publicación na páxina web municipal e ata o 16 de decembro. O sorteo se realizará o 20 de decembro ás 19h no auditorio municipal do Concello.
Descargar todas as imaxes