Escoitar

Abel Caballero reclama consolidar e ampliar en Vigo a formación profesional cualificada

O alcalde e presidente da Fundación ProVigo participou este xoves na apertura da xornada sobre formación e desenvolvemento profesional, baixo o epígrafe "Renovación nas profesións cualificadas". Na súa intervención, Abel Caballero demandou a ampliación da FP na cidade e eloxiou a formación profesional que se imparte en Vigo.

xoves, 17 out 2019
1571317071PROVIGO.JPG
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo inaugurou este xoves a xornada, na que participaron como poñentes os responsables dalgúns centros da formación profesional viguesa. Tomaron na parte no evento o ex director xeral de FP na Xunta de Galicia, Antonio Vázquez, o director do Manuel Antonio, Rubén Otero, a xefa de estudos do IES Audiovisual de Vigo, Nuria Tobío, o director do IES de Teis, Luís Vilán, e a directora do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Engracia Trillo. Abel Caballero eloxiou o traballo de todos eles e trasladoulles o apoio do Concello para o desenvolvemento da súa función formativa.

A xornada concluíu cun coloquio debate e o peche, a cargo do presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo e tesoureiro da Fundación, Javier Touza.
Descargar todas as imaxes