A Festa da Reconquista no Casco Vello

xoves, 25 mar 2004

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, e a presidenta do Plan Comunitario do Casco Vello, María Xosé López, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da Festa da Reconquista co obxectivo organizar unha representación teatral e actividades como obradoiros de vestiario, mercado de artesanía,danzas bretonas e tradicionais.

Programa Movevigo: a expresión cultural dos barrios

martes, 2 mar 2004

Actuacións de música clásica, folk e tradicional, títeres , teatro e animación infantil centran a programación do mes de marzo do programa Movevigo que organiza a Federación de Veciños e patrocina a concellería de Festas do Concello de Vigo cunha achega de 24.000 euros. Para realizar este programa asinábase está mañá un convenio de colaboración entre o Concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e a presidenta da Federación de Veciños, Elena González.

Premios das comparsas do Entroido 2004

xoves, 26 feb 2004

A comparsa do CVC de Valadares "Vicus monumentalis" acadou o primeiro premio do concurso de comparsas do Entroido 2004 que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural e que se deu a coñecer ó remate do desfile do enterro do MECO co que finalizaban as festas do entroido deste ano. O premio está dotado de 2.400 euros.

Actividades do Entroido

luns, 23 feb 2004

As actividades do Entroido programadas pola concellería de Festas e Animación Sociocultural continuan o martes cunha desgustación gratuita de postres típicos da festa e de lacón con chourizo. Esta actividade, que se realiza coa colaboración de Aldeas Infantiles e área comercial Zona Centro ,terá lugar a partir das cinco da tarde na rúa Progreso.

Concurso de disfraces do Entroido

venres, 20 feb 2004

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural e maila Asociación de Comerciantes de Príncipe convocan o Concurso de disfraces do Entroido 2004, que terá lugar o luns, día 23 de febreiro, na rúa do Príncipe (diante do Marco). En previsión de posibles inclemencias metereolóxicas o concurso celebrariase no salón de actos do MARCO.

Vigo celebra durante cinco días o Entroido

venres, 20 feb 2004

As cinco da tarde do día 21 arranca o entroido de Vigo coa entronización do Meco que estará instalado na Praza do Rei. Cinco días de divertimento para conmemorar esta festa popular que vai desde o sábado de entroido ata o mércores de cinza e que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural, a Federación de Peñas Recreativas El Olivo, Agrupación de Centros deportivos e Culturais e Federación de AA.VV. de Vigo Eduardo Chao.