Abre ó público a exposición de carteis de Entroido

martes, 17 feb 2004

Tódolos cidadáns poderán ver dende o 17 de febreiro ata o 12 de marzo as obras que se presentaron este ano ó XVIII Concurso de Carteis do Entroido, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, a Federación de Vecinos "Eduardo Chao", a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".

Programa do Entroido 2004

venres, 13 feb 2004

O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural , Ignacio López Chaves, presentou hoxe a programación das actividades das festas de Entroido que se celebrarán desde o sábado 21 ó mércores 25 de febreiro. As novidades desta edición é a celebración de actividades nos barrios e un concurso de disfraces.

O luns remata o prazo de inscrición para o concurso de comparsas

xoves, 12 feb 2004

O próximo luns, día 16 de febreiro, remata o prazo de inscrición para o concurso de comparsas que se celebrará co gallo das festas do entroido que, un ano máis, organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural. As comparsas que concorran terán que participar nos desfiles do día 21 de febreiro, e no enterro do Meco, o 25 de febreiro, e contar cun mínimo de 20 integrantes.

Curso de forxa tradicional

mércores, 28 xan 2004

A Escola Municipal de Danza organiza un curso de "Forxa Tradicional" co que se pretende dar unha orientación teórica e práctica do oficio do ferreiro. O curso terá lugar os días 7 e 14 de febreiro e forma parte das actividades complementarias da Escola co fin de traballar na recuperación e difusión dos oficios tradicionais de Galicia.

O martes remata o prazo do concurso de carteis do Entroido

venres, 16 xan 2004

O próximo día 20 remata o prazo para presentar os traballos do XVIII Concurso de Carteis do Entroido.O obxecto deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na difusión do programa do ENTROIDO 2004, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo. Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de seren inéditas.

A próxima semana remata o prazo do concurso de carteis do Entroido

mércores, 14 xan 2004