Escoitar

Curso de forxa tradicional

A Escola Municipal de Danza organiza un curso de "Forxa Tradicional" co que se pretende dar unha orientación teórica e práctica do oficio do ferreiro. O curso terá lugar os días 7 e 14 de febreiro e forma parte das actividades complementarias da Escola co fin de traballar na recuperación e difusión dos oficios tradicionais de Galicia.

mércores, 28 xan 2004
1075297575forja.jpg
Curso de forxa
O curso,que será impartido polo profesor Friedrich Bramsteidl, está destinado a 60 alumnos da Escola de Danza de entre 8 a 65 anos. As clases están organizadas para grupos de 15 alumnos en función das distintas idades e nelas combinarase a actividades demostrativa do experto coas orientacións practicas adaptadas do oficio. Nos obradoiros farase unha aproximación real ao manexo da ferramenta propia do oficio e coñecerase algunha das técnicas tradicionais.

"A Forxa"

A forxa é a maneira máis antiga de traballar o ferro, de transformalo en obxectos útiles e fermosos, mediante o hábil dominio das misteriosas técnicas necesarias para mesturar adecuadamente a temperatura xusta do lume na fragua, a dirección e forza precisa no bater do martelo á hora de facer a peza, e a prudente utilización da auga no tempero.
Descargar todas as imaxes