Alianza luso-galega para promover o uso sostible dos montes periurbanos de Vigo e Vila Nova de Cerveira
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro; o alcalde de Vila Nova de Cerveira, José Manuel Vaz; e o presidente da mancomunidade de montes de Vigo, Antonio Comesaña e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro Fernández asistiron hoxe en Santiago á presentación do proxecto común para a promoción do uso sostible dos montes periurbanos da cidade olívica e da vila portuguesa, iniciativa na que tamén participa a Deputación Provincial de Pontevedra. No decurso do acto tivo lugar a sinatura das cartas de compromiso financeiro para este proxecto.
A través desta iniciativa pretendese impulsar a colaboración entre os municipios galegos e portugueses coa fin do obter un mellor aproveitamento dos recursos económicos, sociais e culturais das zonas.
A comunicación pública do proxecto e a firma das cartas de compromiso financeiro celebradas hoxe son o paso previo para a presentación da iniciativa ante a Consellería de Economía, encargada de elixir os proxectos que se levarán a cabo. A definitiva posta en marcha do proxecto terá logo que ser aprobada pola comisión de traballo integrada por persoal de Galicia e Portugal.
Proxecto
O proxecto consiste na posta en marcha dunha serie de iniciativas, entre elas un programa de creación de emprego, encamiñadas a poñer fin á problemática común das zonas forestais que rodean os municipios de Vigo e Vila Nova de Cerveira e acadar así o seu desenvolvemento sostible. Un dos principais obxectivos é atopar unha solución para poñer fin ás presións producidas pola localización nestas zonas forestais de infraestructuras e equipamentos non vinculados ó monte, polo desenvolvemento de actividades non planificadas de recreo ó aire libre e polos usos urbanos e industriais non axeitados.
Outros problemas que presentan as zonas forestais de Vigo e Vila Nova de Cerveira son, ademais das tensións xeradas pola actividade humana, a falta de xestión da masa arborada; a diminución paulatina da biodiversidade; a presencia de fenómenos de colonización por especies introducidas; e o abandono dos elementos do patrimonio cultural relacionado co monte.
No marco desta iniciativa, as administracións implicadas prevén o desenvolvemento dun completo traballo conxunto entre Galicia e Portugal co que se leven a cabo plans comúns de ordenación de zonas forestais, programas específicos de emprego e valoración de recursos e proxectos de intervención no medio natural.
Zona de intervención
A zona xeográfica de intervención do proxecto encóntrase na localidade galega de Vigo e na portuguesa de Vila Nova de Cerveira –situadas a 37 quilómetros de distancia -, concretamente nos espacios forestais que rodean este núcleos de poboación e que, pola súa localización, teñen unha marcada dimensión social e unha grande vulnerabilidade ambiental.
Desta iniciativa beneficiaranse un total de 1.800 hectáreas de montes veciñais en man común propiedade da mancomunidade de montes de Vigo e outras 2.116 hectáreas de monte baldío da Serra de Gábea e de parte da Serra de A Salgosa. Ámbolos dous enclaves son basicamente espacios arborados de especies de crecemento rápido, salpicados por manchas de vexetación de grande biodiversidade.
Financiamento
No decurso do acto de hoxe, as administracións implicadas comprometeron o seu apoio económico ó proxecto. Deste xeito, prevese que nos períodos 2005-2006 se invistan un total de 974.000 euros nesta iniciativa, dos cales 408.000 euros serán achegados pola Consellería de Medio Ambiente (entre medios propios e fondos Feder). A cámara municipal de Vila Nova de Cerveira investirá outros 240.000 euros e a mancomunidade de montes de Vigo achegará 230.000 euros – entre fondos propios e europeos-.
Pola súa banda, o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra participarán no proxecto con 48.000 euros cada un, procedentes de fondos propios e achegas da Unión Europea.
Descargar todas as imaxes