xoves, 29 xaneiro 2004

Fallo do "XVIII Concurso de carteis do Entroido"

xoves, 29 xan 2004

O xurado do "XVIII Concurso de carteis do Entroido", reunido hoxe outorgoulle o premio único, dotado con 2.400 euros ó cartel nº 5, presentado baixo o lema "Viva o Entroido", realizado por Carlos Vela Cuello, residente en Vigo. Ao concurso presentáronse 44 traballos.

Vigo promocionase en Fitur

xoves, 29 xan 2004

O día 31 de xaneiro ás 12,00 h. a Concellería de Turismo promocionará os recursos gastronómicos cunha degustación de productos típicos galegos para o que se contará coa axuda dunha ostreira que preparará máis de 1.000 unidades de ostras, que se servirán acompañadas de vino e queixo das diferentes denominacións de orixe galega, esta degustación, dirixida a profesionais e ó público en xeral, celebrarase no Salón de Actos do Stand Institucional de Galicia, pavillón 9, parcelas 9C310 do Recinto Feiral Xoan Carlos I.