Escoitar

O Concello asina un convenio con Medio Ambiente para solucionar os problemas de depuradora do Lagares

A alcaldesa, Corina Porro e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, asinaron un protocolo de colaboraración para executar o proxecto de desodorización, a nave de transferencia e mailo pozo de lodos na EDAR , situada na marxe esquerda da desembocadura do río Lagares.

xoves, 29 xan 2004
1075390387Dsc00012.jpg
O acto tivo lugar esta mañá en dependencias da alcalde de Vigo no que tamén estiveron presentes o director xeral de Augas de Galicia, Emilio García Gallego e mailo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, José Antonio Rodríguez López.

A Consellería financiará, a través do organismo autónomo Augas de Galicia, a totalidade das obras prevista cun investimento de 2.263 ,756 euros. O Concello de Vigo, pola súa parte, poñerá os terreos necesarios para executar as obras.

A alcaldesa, na rolda de prensa posterior á sinatura do acordo, destacou que con esta acción solucionase un dos problemas que sufriu a cidade os últimos meses e que se iniciará un estudio para avaliar a necesidade dunha segunda depuradora para Vigo. Porro lembrou as constantes reunións que se mantiveron cos técnicos para solucionar o asunto e que se incorporaron ao protocolo que se asinou hoxe todas as suxestións presentadas polos mesmos. A alcaldesa anunciou que os martes seguirase mantendo as reunións entre os técnicos, os afectados e os responsables políticos para facer un seguimento ao acordo asinado, a la vez que agradeceu a sensibilidade do Consellería de Medio Ambiente para artellar unha solución.

Proxecto

O proxecto previsto comprende as obras necesarias para rematar cos problemas dos malos olores de EDAR do Lagares e para solucionar o inconveniente que supón a evacuación das areas sedimentadas no pozo de lodos dixeridos, de tal forma que non sexa preciso paralizar a liña de tratamento de lamas. Ademais, construirase unha nave de transferencia para almacenar os contedores onde se depositan as lamas xeradas. As actuacións que se van a realizar tamén permitirán resolver a problemática de clasificación e acumulación dos residuos provenientes da planta e bombeo, así como dar solución á deficiente capacidade actual de cribado de lodos primarios existentes.

As actuacións que conforman o proxecto consisten na eliminación dos olores de pretatamento a través dun proceso de lavado químico do aire en tres etapas; tratamento de olores do edificio industrial; tratamento dos aerosois na arqueta de reparto a biolóxicos; e por último, duplicarse o depósito de lamas dixeridas. Para resolver o problema da limpeza deste depósito, construirase uno novo con capacidade de 1.000 metros cúbicos.
Descargar todas as imaxes