Vigo acolle a Copa do Mundo da Federación Ecuestre Internacional
A alcaldesa Corina Porro asistíu hoxe á presentación da Copa do Mundo FEI de Salto de Obstáculos que se celebrará no recinto feiral de Vigo do 13 ao 15 de febreiro.
A cidade acolle por terceiro ano consecutivo a celebración desta Copa e por segunda vez unha proba puntuable para a Copa do Mundo de Enganches que na presente edición contará con dous grandes premios. A alcaldesa estivo acompañada pola presidente do comité organizador Manuel Fernández Sousa.
Destacados xinetes do panorama
internacional repiten desde a primeira edición na única proba da Copa do Mundo que se disputa en España. É o caso do xermano Franke Sloothaak, os belgas Ludo Philipparts e Marc van Dijck e o británico Michael Whitaker. Este ano a competición manterá o seu cariz internacional como edicións anteriores ás que asistiron xinetes procedentes de Portugal, Bélxica, Francia, Italia, Inglaterra, Colombia, Chile e Arxentina.
Os organizadores da proba subliñaron que o nivel e número de xinetes que queren tomar parte en Vigo increméntase ano tras ano. O límite de prazas marcado pola Federación Ecuestre Internacional é de 55 o que obriga a que algúns xinetes e amazonas non poidan tomar parte no concurso.
Descargar todas as imaxes