Vigo promocionase en Fitur
O día 31 de xaneiro ás 12,00 h. a Concellería de Turismo promocionará os recursos gastronómicos cunha degustación de productos típicos galegos para o que se contará coa axuda dunha ostreira que preparará máis de 1.000 unidades de ostras, que se servirán acompañadas de vino e queixo das diferentes denominacións de orixe galega, esta degustación, dirixida a profesionais e ó público en xeral, celebrarase no Salón de Actos do Stand Institucional de Galicia, pavillón 9, parcelas 9C310 do Recinto Feiral Xoan Carlos I.
Asemade, Turismo de Vigo conta coa colaboración das diferentes denominacións de orixe para a promoción da gastronomía en FITUR, e tamén con ANFACO, que cede gratuitamente para o disfrute desde acto, numerosos productos autóctonos envasados por distintas empresas aglutinadas nesta asociación.
Turismo de Vigo viaxará a FITUR, coa guía recentemente editada "Vigo te Atrae", que inclúe un directorio de servicios, así como información detallada dos recursos turísticos da cidade. Contén un índice dos establecementos hosteleiros e hoteleiros, así como unha amplia representación das empresas turísticas que operan na cidade.
Asemade, a Concellería promocionará o turismo de natureza representado pola guía "En Vigo a Natureza sáeche ó encontro" onde se publicitan ademáis do "Parque Nacional das Illas Atlánticas", os máis de 40 Km de praia cos que conta Vigo; o sendeiro panorámico vigués: GR 53 e os trece parques forestais que conforman o municipio.
A Concellería de Turismo levará a FITUR ademáis do turismo da cidade e de natureza, a oferta cultural representada polos diferentes museos o entidades culturais da cidade. Tamén o turismo de compras estará presente na promoción das áreas comerciais con diferentes folletos que informan sobre a gran variedade comercial que ofrece Vigo, Turismo de Vigo porá a disposición dos interesados/as a información turística do municipio en castelán, portugués, inglés, francés e alemán.