Escoitar

"A linguaxe fainos iguais", guía de linguaxe non sexista producida polo proxecto Compás

O Proxecto Compás está a elaborar unha guía de linguaxe non sexista co título "A linguaxe fainos iguais" dirixida a entidades públicas e organismos que participen en programas de fomento do emprego.

martes, 27 xan 2004
Os obxectivos da guía son fomentar a sensibilización no uso da linguaxe non sexista en proxectos de emprego e formación, organizacións e concellos da Mancomunidade de Vigo. Tamén procura incentivar ó empresariado para a contratación e promoción das mulleres nos distintos ámbitos empresariais e reforzar a aplicación de políticas que fomenten a igualdade de oportunidades nas distintas organizacións.

O proxecto Compás asume a realización da guía como unha das tarefas propias da iniciativa Equal xa que a igualdade de oportunidades é un principio horizontal que debe ser contemplado en todos os seus proxectos e en todas as súas fases, o que supón incorporar obxectivos e actuacións concretas en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en cada proxecto.

O Proxecto Compás, unha iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, promovida pola Mancomunidade de Vigo, traballa a prol dunha cultura de igualdade, promovendo novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado do traballo de aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenvolvemento de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas da área de Vigo.

No Proxecto Compás participan, ademais da Mancomunidade de Vigo, os sindicatos CCOO, CIG e UGT, a Confederación Provincial de Empresarios (CEP), a Deputación de Pontevedra e Caixanova. Ten unha duración de dous anos (ata xullo de 2004) e conta cun orzamento de preto de tres millóns de euros.