Escoitar

Mocións aprobadas na sesión plenaria

A Corporación municipal aprobou as mocións presentadas no Pleno sobre a ampliación de horarios na Biblioteca Central; a continuación de actividades no Centro Elduayen de Información; dotacións de servicios na Florida , licitación de proxectos de ampliación do saneamento en Zamáns e Valadares, entre outras.

luns, 26 xan 2004
1075130079oposicion.jpg
Concelleiros do BNG e PSdG-PSOE
AS mocións que se aprobaron foron as seguintes:

.-Moción do grupo municipal de DPG sobre a instalación en Vigo do Circuito de velocidade de Galicia.

.- Moción do grupo municipal de DPG sobre o establecemento da ventá única en dependencias do Concello.

.- Moción do grupo municipal de DPG sobore imprantación do carril para bicicletas en Vigo.

.- Moción do grupo municipal de DPG sobre comunicación entre Vigo, Baiona, A Garda, Tui e Portugal con carrís para bicicleta.

.- Moción do grupo municipal do BNG sobre ampliación de horarios na Biblioteca Central e salas de estudo no centro da cidade.

.- Moción do grupo municipal do BNG sobre continuación de actividades no Centro Elduayen de Información á Sociedade.

.- Moción do grupo municipal do BNG sobre dotación de servicios en materia educativa, deportiva e de esparcemento no polígono 1 do PERI II-12 A Florida B.

.- Moción do grupo municipal do BNG sobre índices correctores na Ponencia complementaria de valores catastrais.

.- Moción do grupo municipal do BNG sobre instar á Xunta de Galicia á licitación de proxectos de ampliación do saneamento en Zamans e Valladares.

.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre sinatura dun protocolo de colaboración coa empresa Augas de Galicia, S.A., para a solución dos problemas de depuración de Vigo.
Descargar todas as imaxes