Aprobado o Plan Municipal de Emprego
A Corporación Municipal aprobou , por unanimidade, o Plan Municipal de Emprego 2004-2007 , elaborado pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, como documento marco de referencias das políticas activas de emprego do Concello de Vigo para ese período.O principal obxectivo do Plan é favorecer a inserción laboral dos colectivos con maior dificultade de aceso ao mundo laboral.<br />
A concelleira de Emprego, Lucía Molares, manifestou que se trata dun plan ambicioso e flexible que permita traballar para alcanzar o pleno emprego. O plan pretende ser un referente na necesaria coordinación entre todos os axentes dedicados á loita contra o desemprego e se configura como un proxecto que teña unha profunda incidencia entre os desempregados da cidade. O principal obxectivo do Plan é favorecer a inserción laboral dos colectivos con maior dificultade de aceso ao mundo laboral como as persoas con discapacidade física e mental e as mulleres víctimas dos malos tratos, segundo puntualizou a concelleira .
Os ámbitos de actuación do plan é a promoción do autoemprego co servicio de asesoramento a emprendedores/as e programas de apoio á creación de empresas; promoción do emprego mediante o servicio de orientación laboral, programas de formación-emprego, programas de contratación para a inserción, programas de apoio á inserción laboral e outros programas relativos ao emprego con participación municipal
Unha das partes máis singulares do Plan son as Brigadas de Inserción e Actuación Local , de financiamento municipal , que permitirán que un número significativo de persoas desempregadas adquiran hábitos laborais, experiencia e un salario digno e, por outra banda, que determinadas necesidades municipais de actuación de espacios públicos sexan cubertas, complementando os recursos postos a disposición neste sentido anualmente a través dos programas de cooperación Xunta de Galicia- Concello de Vigo
Tamén apostase pola construcción e constitución do Centro municipal de promoción económica concibido como referente das actividades municipais de formación para o emprego e da apoio a novas iniciativas empresariais .
Festas do Cristo de Bouzas
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade solicitar diante da Xunta de Galicia a declaración de Festa de Galicia de Interese Turístico para as Festas do Cristo de Bouzas, xa que concorren todos e cada un dos requisitos esixidos no decreto 39/2001. A concelleira Lucía Molares manifestou que entre outros considerandos as festas de Bouzas destacan pola súa antigüidade ( os festexos remóntanse o ano 1605); a súa singularidade e arraigo.
O Pleno aprobou tamén a recuperación de oficio a posesión dos locais municipais situados na planta baixa do estadio municipal de Balaídos.
Descargar todas as imaxes