venres, 29 abr 2005
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves, asinou un convenio de colaboración coas bandas de música populares de Vigo e maila Federación de Bandas para a programación de concertos ao longo de 2005, por un importe de 121.416 euros.
mércores, 27 abr 2005
O cantante londinense Elvis Costello actuará o próximo 9 de xuño no Pavillón das Travesas, nun concerto patrocinado pola Concellería de Festas. A actuación en Vigo será unha das tres que ofrecerá Elvis Costello en España.
mércores, 20 abr 2005
O evento, xa consolidado na cidade, prevé a máxima expectación por parte do público ao contar con máis de 70 marcas expositoras, entre as que se atopan as máis representativas do mundo do automóbil e as motocicletas. O salón presentará algunhas novidades de marcas como Mercedes, Volkswagen, Range Rover ou Peugeot.
luns, 18 abr 2005
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, coa colaboración da Escola Municipal de Danza e de El Corte Inglés, o "DÍA DA MUIÑEIRA", que terá lugar o domingo día 5 de xuño, a partir das 12'00 horas, na rúa Venezuela.
venres, 15 abr 2005
A alcaldesa, Corina Porro, presentou no Concello o Festival Internacional e o Concurso Nacional de Piano Vigo 2005. O Festival Internacional traerá á nosa cidade, do 19 de abril ao 1 de xuño, algúns dos máis destacados intérpretes deste instrumento. No Concurso Nacional, que terá lugar do 26 de maio ao 30 de maio, competirán pianistas de España e Portugal nas categorías infantil, xuvenil e novo concertista.
venres, 8 abr 2005
"Para que no se duerman mis sentidos" é o último traballo do cantante albaceteño e catalán de adopción, que será presentado en Vigo despois de facelo na Coruña hoxe venres pola noite. O concerto comezará ás dez e media da noite.
mércores, 30 mar 2005
A concellería de Festas e Animación Sociocultural convoca un concurso para seleccionar un cartel que se empregará na difusión do programa das Festas do Cristo da Victoria 2005.
mércores, 30 mar 2005
O pasado martes celebrouse con éxito o acto de conmemoración dos Vigueses Distinguidos e a entrega da medalla de ouro da cidade por parte da alcaldesa. O evento, que tivo lugar no centro social de Caixanova, estivo amenizado pola Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra. No seu discurso, a alcaldesa abogou por unha cidade unida na construcción do seu futuro e nunha reconquista dos seus valores tradicionais.
martes, 29 mar 2005
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural , Ignacio López Chaves, presentou o programa de actos de representación da Reconquista, que este ano se celebrarán o domingo 3 de abril polas rúas do Casco Vello da cidade. Este ano o presuposto incrementarase ata os 54.700 euros xa que o Concello toma en propiedade o vestiario e a reproducción das armas para sucesivas representacións.
mércores, 23 mar 2005
A entrega simbólica duns antigos pendóns restaurados no museo Quiñones de León á alcaldesa da cidade, Corina Porro, será o acto mais novedoso do luns 28, día no que Vigo celebra a súa Reconquista.