Escoitar

López Chaves anunciou os actos de representación da Reconquista 2005

O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural , Ignacio López Chaves, presentou o programa de actos de representación da Reconquista, que este ano se celebrarán o domingo 3 de abril polas rúas do Casco Vello da cidade. Este ano o presuposto incrementarase ata os 54.700 euros xa que o Concello toma en propiedade o vestiario e a reproducción das armas para sucesivas representacións.

martes, 29 mar 2005
1112100128chaves.JPG
PROGRAMA: "RECONQUISTA DA VILA DE VIGO 2005"

Domingo, 3 de abril de 2005

10,00 h Apertura dos mercados en Constitución, Princesa, Joaquín Yañez, Triunfo, Almeida.

17,00 h Comezo da representación na praza da Constitución coa entrada e posterior ocupación das tropas napoleónicas encabezadas polo xefe de escuadrón Chalot.

-Resposta do alcalde Vázquez Varela e Tenente Almeida.
-Rendición do pobo.
-Estratexias e alarmas para a defensa da Vila.
-Parlamento entre o mariñeiro Carolo, o combatente Cachamuíña e Frei André (abade de Valadares).

18,30 h Derribamento da Porta da Gamboa.

-Rendición dos franceses.
-Parlamento de Cachamuíña, antes de que os franceses sexan expulsados.
-Baile de confraternidade.
-Lectura do Decreto de Declaración da Cidade polo alcalde Vázquez Varela no Náutico.

19,30 h Festa popular na praza da Constitución.

20,00 h Concerto a cargo do grupo de música folk "Carunchos".
Descargar todas as imaxes