VI ensalzamento do traxe galego

venres, 10 xuñ 2005

Daniel de Castro Pedrouzo é o gañador do concurso de carteis que anunciará as Festas do Cristo da Victoria. O xurado reunido na mañá do xoves revisou un total de 29 traballos presentado para esta edición.
O artista británico Elvis Costello, que este xoves actúa no Pavillón das Travesas de Vigo, no seu único concerto en Galicia, trae á cidade un espectacular concerto. Sobre un escenario que supera os 250 metros cadrados de superficie, haberá 200.000 vatios de luz e 30.000 vatios de son para a presentación do disco "The Delivery Man". O concerto está patrocinado pola Concellería de Festas.

O Día da Muiñeira reunirá o domingo 5 de xuño na rúa Venezuela preto de 2.600 persoas, que bailarán e tocarán seguindo este ritmo característico do noso folclore. Este evento é un anticipo do Ensalzamento e da Mostra do Traxe Galego.
A Feira pretende converterse no gran mercado náutico do noroeste peninsular, con máis de 2.000 metros de exposición de barcos e complementos. Estará en Vigo entre o 2 e o 5 de xuño e contará con multitude de actividades paralelas para o entretemento dos asistentes.
O sábado 28 na avenida de Castelao e na praza do Emigrante terán lugar os dous eventos festivos mais importantes para a mocidade de Coia: O Día d@ Moz@ e Rockoia. O primeiro comeza ás 10 da mañá e remata sobre ás 20 horas, xusto cando da comezo o festival de rock que durará ata a unha da madrugada.
O sábado 21 as rúas do centro da cidade volveranse encher de pétalos e confeti coa Batalla das flores. Cunha achega municipal duns 75.000 euros, o festexo animará as rúas coas súas 16 carrozas cheas de cores. Un dispositivo especial encargarase da posterior limpeza.
O próximo sábado 21 de maio, grazas ao apoio da Concellaría de Festas e de diversas entidades de Vigo, volverase celebrar a Batalla das Flores. Cunha achega municipal duns 75.000 euros, o festexo encherá de pétalos, confeti, serpentinas e música o centro da cidade.
A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais co patrocinio do Concello, celebrarase en Vigo no próximo mes de novembro. O obxectivo deste certame é dar saída ao traballo dos máis de 200 grupos de teatro afeccionado que hai en Galicia.