xoves, 14 xul 2005
Unha actuación no Auditorio do S.C.D.R. “Helios” de Bembrive vai dar O venres, o pistoletazo de saída ó Festival Folclórico Internacional, que nesta edición contará coa participación de grupos de Almendralejo (Extremadura), Costa Rica e de Bielorrusia, que reforzarán a presencia dos grupos integrados en Interfolk: Escola Municipal de Danza, Coriscos, Lembranzas Galegas e Xistra.
martes, 12 xul 2005
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe martes o XI Festival Folclórico Internacional do Concello de Vigo, do que dixo esperar que teña "boa cabida" nas Festas do Cristo da Victoria 2005. O Festival celebrarase do 15 ao 21 de xullo.
venres, 1 xul 2005
A banda española Los Secretos, que celebra o seu 25º aniversario, ofrecerá un concerto o domingo 3 de xullo en Castrelos, acompañada polos pontevedreses Los Amigos de Blas e polos ingleses Celloman.
O último milleiro de entradas para o primeiro concerto das Festas Do Cristo poden adquirirse en Caixanova e na Central de Espectáculos de Vigo
xoves, 30 xuñ 2005
Hombres G e El Canto del Loco encherán o Auditorio de Castrelos o próximo sábado, no primeiro concerto do programas das Festas Do Cristo 2005, organizadas pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural.
martes, 28 xuñ 2005
Esta edición das festas contará cun orzamento de 1.120.000 euros que servirán para traer a grupos como Prodigy, Rosendo, Amaral o Bebe. As festas pretenden chegar a todos os segmentos da sociedade ao contar con 14 programacións distintas e 112 actos que ocuparán case todos os días entre o 2 de xullo e o 20 de agosto.
venres, 24 xuñ 2005
A VI edición do festival musical Karraskal Rock contará coa banda valenciana o sábado 9 de xullo. Antes actuarán os grupos vigueses "Los Faltones", "NOT" e "Saldos Arias". "El último ke zierre" é unha das bandas mais veteranas da escena rockera española.
martes, 21 xuñ 2005
O Rexistro Xeral recibiu 16 solicitudes para a elaboración de luminarias na noite de San Xoán a cargo de diferentes asociacións da cidade. O Corpo de Bombeiros e a Policía Local pregan o cumprimento das normas para evitar incidentes.
venres, 17 xuñ 2005
35 traxes e 3 agrupacións, formadas por máis de 10 compoñentes, presentaranse á sexta edición do "Ensalzamento do traxe galego" que organiza a concellaría de Festas e Animación Sociocultural, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, e que terá lugar o sábado 18, a partir das 21 horas, na praza do Berbés.
xoves, 16 xuñ 2005
O Concello, a través das Concellerías de Festas e Animación Sociocultural e de Participación Cidadá, achegará 27.286 euros á Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para o desenvolvemento de actividades socioculturais durante 2005.
luns, 13 xuñ 2005
As entradas para asistir ó concerto que ofrecerán o día 2 de xullo no Auditorio do Parque de Castrelos "Hombres G y El Canto del Loco" xa están á venda. O concerto está incluido na programación das Festas do Cristo que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural.