Escoitar

Xa están á venda as entradas do concerto de "Hombres G" e "El canto del Loco"

As entradas para asistir ó concerto que ofrecerán o día 2 de xullo no Auditorio do Parque de Castrelos "Hombres G y El Canto del Loco" xa están á venda. O concerto está incluido na programación das Festas do Cristo que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural.

luns, 13 xuñ 2005
1118666472cartelfiestas.jpg
Cartel "Festas do Cristo 2005"
En total poránse á venda 4.000 entradas cun precio de venda anticipada de 12 euros e de 15 euros en taquilla. Deste xeito, e a pesares de que a estes dous grupos os separan máis de dúas xeracións, "Hombres G" e "El Canto del Loco" subirán ó escenario para facer disfrutar ó público e amosar a química que lles une. Xuntos crearán un espectáculo que vai máis lonxe que o simple feito de compartir auditorio.

"Hombres G" e "El Canto del Loco" teñen proxectos similares xa que os primeiros están de xira para presentar o seu último traballo e os segundos editarán un novo disco este verán.

O concerto comezará ás 11 da noite e as entradas poden adquirirse en Caixanova, no teléfono 902 504 500, www.caixanova.es ou ben na Central de Espectáculos, situada na rúa Velázquez Moreno, nº26, ou no teléfono 986 435 410
1118666472cartelfiestas.jpg
1118668943elcanto.jpeg
1118668965hombresg.jpeg
Descargar todas as imaxes