O Concello reclama 35.000 euros a Facenda polo céntimo sanitario anulado por Europa

mércores, 23 abr 2014

O alcalde informou hoxe mércores da reclamación efectuada polo Concello de Vigo ante o Ministerio de Facenda, correspondente ao gasóleo consumido entre os anos 2010 e 2012, unha vez que a xustiza europea invalidou o chamado céntimo sanitario. Os técnicos municipais estimaron a devolución en 35.000 euros, máis os xuros de demora, por máis dun millón de litros de gasóleo adquirido nos tres anos.

O goberno local inicia as negociacións para aprobar o orzamento municipal de 2014

mércores, 19 feb 2014

Caballero informou hoxe mércores de que o concelleiro de Fomento, David Regades, concertará unha reunión co edil do PP, Miguel Fidalgo, onde iniciar as negociacións para aprobar as contas, traballo do que participará tamén a responsable de Facenda, Raquel Díaz. O alcalde amosou o seu "desexo" de acordar un orzamento que "axude a paliar o impacto social da crise".

Caballero ve "posibilidades" de aprobar o orzamento cunha "inmensa maioría dos votos"

martes, 18 feb 2014

O alcalde mantivo este martes reunións cos voceiros dos grupos municipais do PP e do BNG de cara á aprobación do orzamento presentado polo goberno local para 2014. Caballero informou da celebración de entrevistas en próximos días entre socialistas e populares para negociar "temas concretos", mentres que os nacionalistas manifestaron a súa vontade de votar en contra do documento.

Os orzamentos de 2014 permitirán ampliar os coidadores de barrio a 8 zonas da cidade

mércores, 12 feb 2014

Un incremento de máis do 50% nas achegas ao deporte de base e a ampliación dos coidadores de barrio a 8 zonas da cidade son algunhas das partidas concretas que o rexedor destacou hoxe mércores . Concretamente dixo que o servizo de coidadores pasará a prestarase en Lavadores, Bouzas, Miñoca-Balaídos, Travesas-Praza Independencia, Teis e Navia, ademais de seguir funcionando no Calvario e no Casco Vello, neste caso, ampliándose ata a zona de Torrecedeira.