Escoitar

O Concello de Vigo seguíu rebaixando no 2013 a débeda, que xa é a metade que en A Coruña

O alcalde, Abel Caballero, informou que a débeda viva do Concello de Vigo a 31 de decembro de 2013 quedouse en 39,9 millóns, datos do Ministerio de Facenda, a menor dos grandes municipios españois. Vigo ten prácticamente a metade da débeda de A Coruña (79 millóns) e a cuarta parte que Valladolid (156 millóns).

venres, 9 mai 2014
1399636487alcalde6.jpg
O alcalde e vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, asistiu onte en Madrid á Comisión Nacional de Administración Local, presidida polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, reunión que tomou coñecemento da débeda viva das administracións local a 31 de decembro de 2013.

Segundo os datos do Ministerio, valorados hoxe por Caballero, Vigo continuou no 2013 rebaixando a súa débeda ata o 17% do orzamento, un total de 39,9 millóns de euros, a menor das grandes cidades españolas en réxime común. O alcalde comparou os datos de Vigo con outros municipios como A Coruña, que suma o dobre con 79 millóns pese a ter uns 50.000 habitantes menos, e como Valladolid, cunha poboación semexante á viguesa e case que catro veces máis débeda, 156 millóns. Ademáis, Santiago adebeda 58 millóns; Ourense, 43 millóns; e Madrid, 7.000 millóns de euros.

"Esto nos segue alentando na nosa decisión de seguir camiñando á débeda cero", salientou o alcalde vigués, quen explicou que un pasivo baixo permite manter o gasto social e de emprego na cidade, sendo Vigo "o concello de España cunha maior porcentaxe de gasto social e de emprego nos orzamentos". Os municipios en mala situación financeira están suxeitos á teitos de gasto que lles obriga a priorizar o pago de xuros e as amortizacións de débeda.

Superávit
No transcurso da reunión de onte en Madrid, Abel Caballero propuxo ao Ministerio dar un tratamento diferenciado no teito de débeda aos concellos saneados como Vigo dos que presentan problemas financeiros, o que Montoro viu "razoable", segundo expuxo o rexedor.

O alcalde vigués tamén puxo enriba da mesa que o superávit correspondente ao ano 2013, que en Vigo é de 5,2 millóns, poida ser investido sen computar no déficit deste ano e, de non poder ser por normativa, que se posibilite un investimento en 2014, 2015 ou durante os dous exercicios. Caballero indicou que os integrantes da CNAL recibiron con "enorme aceptación" a idea e será debatida nunha comisión bilateral entre as administracións local e estatal.
Descargar todas as imaxes