Escoitar

2.000 rapaces de 20 centros sumáronse ao Correlingua 2014, coa colaboración do Concello

A edil de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, deu este venres a saída do Correlingua 2014, desde a Praza do Rei ao parque de Castrelos. O Concello colaborou programando a actuación de Maimiñas para os nenos de Infantil e facendo entrega de premios a colexios, xunto á Fundación Celta.

venres, 9 mai 2014
1399636685lingua.JPG
O Correlingua 2014 chegou este venres a Vigo e, coa colaboración do goberno local, contou coa participación duns 2.000 rapaces de Infantil, Primaria e Secundaria pertencentes a unha veintena de centros educativos.

A concelleira de Normalización, Isaura Abelairas, foi a encargada de dar a saída do percorrido aos rapaces, da Praza do Rei ao parque de Castrelos, coa presenza tamén da actriz Isabel Risco. Ao comezo da andaina, ás 11 horas, o goberno local programou a actuación do grupo Maimiñas para o alumnado de Infantil que agardaba no parque de Castrelos.

Ás 12 horas, xa con todos os escolares no parque de Castrelos, deuse lectura ao manifesto deste ano do Correlingua e houbo actuacións de Isabel Risco e de Monolious Dop. O Concello de Vigo e a Fundación Celta sumáronse á celebración do galego coa entrega de premios aos centros Josefa Alonso, San Rafael e Altamar.
Descargar todas as imaxes