Escoitar

O alcalde comprométese a manter o apoio económico de 100.000 euros á feira Conxemar

O alcalde de Vigo ratificou hoxe luns o seu compromiso de seguir apoiando a Conxemar, nun día no que mantén un xantar de traballo coa Xunta Directiva. Caballero lembrou que en tres anos, a aportación do Concello con esta feira pasou de 10.000 a 100.000 euros, ao tempo que se dividían entre tres as achegas doutras administracións.

luns, 12 mai 2014
O alcalde de Vigo anunciou que o Concello "polo menos" vai manter os 100.000 euros cos que o ano pasado cooperou coa posta en marcha de Conxemar. A maior feira de conxelados do mundo, que convirte Vigo nun referente internacional, vai contar unha, vez máis, co apoio municipal para evitar "riscos" como o evento que o ano pasado organizou Barcelona, en clara competencia desleal xa que contou con numerosos apoios institucionais, engadiu.

Caballero apuntou que en tres anos, a aportación do Concello incrementouse desde os 10.000 ata os 100.000 euros, unha tendencia que seguiu á inversa a achega doutras administracións xa que, tal e como explicou o rexedor, a axuda do Goberno Central quedou reducida á terceira parte.