Escoitar

Concello e Mancomunidade de Montes cooperarán na recuperación, limpeza e sinalización de roteiros

O goberno local promove un convenio coa Mancomunidade de Montes Veciñais en Mancomún para o desenvolvemento de actividades de información, sinalización e organización de andainas polos montes de Vigo. Trátase, dixo o rexedor, de aproveitar a oportunidade de que a cidade recupere os seus montes como zona de paseo, de coñecemento, ou de práctica medioambiental.

luns, 12 mai 2014
O alcalde de Vigo ven de anunciar un convenio coa Mancomunidade de Montes Veciñais en Mancomún para o desenvolvemento de actividades en materia medioambiental. Entre outros obxectivos, explicou o rexedor, destaca a organización de actividades de información, sensibilización e educación. Tamén posta en marcha de andainas e creación de novos roteiros, así como reparación da sinalización e limpeza para evitar incendios. Neste punto, destacou que o Plan de Emprego municipal permite contratar profesionais para acometer estes traballos. Segundo o alcalde, este convenio permitirá que a cidade recupere os seus montes e cooperar no seu mantemento nunha "fructífera" cooperación.

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao convenio entre o Concello de Vigo, como socio líder, e o resto de cidades adheridas ao Proxecto Europeo Cooperland, dentro do Europe for citizens programa. A Unión Europea aporta 120.000 euros e o Concello, 50.000 para desenvolver este programa de cooperación internacional que prima os intercambios sen coste económico como os bancos do tempo, os trocos, as cooperativas de vivendas, os bancos de libros de texto. Concretamente, Vigo está a amosar ao resto de participantes os seus exitosos hortos urbáns. O resto de cidades socias deste proxecto son: Roma; Leiden (Holanda); Tallin (Estonia); Pula (Croacia); Ioannina (Grecia) e Madrid.

O goberno local tamén aprobou o convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para o apoio e mantemento da Rede de Mediadoras durante o ano 2014, por un importe de 15.300 euros. A esta cifra súmase a achega que recibe nos plans de emprego municipais e que no 2013 fo de 54.000 euros. Deste xeito, o Concello continúa a ser o principal apoio única desta asociación.