xoves, 15 maio 2014

O Concello celebrou unha quedada literaria coa participación de 500 escolares de Infantil a Bacharelato

Abel Caballero acudiu hoxe xoves a Castrelos, onde o goberno local organizou a I Quedada Literaria 2014 de Vigo e bisbarra, coa participación de medio millar de alumnos, de Infantil a Bacharelato, procedentes de oito centros. A Quedada pecha os obradoiros literarios que organiza o Concello durante o curso e enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas, que homenaxea a Díaz Castro.

Vigo revalida as nove bandeiras azuis e consolídase entre as cidades españolas con maior número de distincións

xoves, 15 mai 2014

O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por conseguir todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, xunto a Cartaxena, a cidade española con maior número de bandeiras azuis nas praias. O Concello de Vigo recibe tamén a distinción "Sendeiro Azul" para a senda do río Lagares. Caballero subliñou que "non é facil" obter este recoñecemento "nun ámbito municipal densamente industrial", como é Vigo.

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA
Horario apertura: venres, sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Actividades para públicos de todas as idades, e ampliación de horario o domingo pola tarde

Día Internacional do Museo 2014 no MARCO
Venres 16, sábado 17 e domingo 18 de maio

xoves, 15 mai 2014

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2014 é ‘Os vínculos creados polas coleccións dos museos’, que pretende renovar os métodos tradicionais de participación que implementaron os museos para manter vivo o interese do público. Os museos enfróntanse constantemente a cambios que os obligan a reformular o seu compromiso tradicional e atopar novas formas de accesibilidade e comunicación, no seu papel de relatores do patrimonio cultural e da memoria colectiva dunha comunidade.

O Consello Municipal da Muller condena o secuestro de nenas nixerianas

xoves, 15 mai 2014

O Consello Municipal da Muller de Vigo ven de manifestar a súa condena ante os secuestros, por parte de Boko Haram, de 223 xóvenes nunha escola da localidade do noreste de Nixeria o pasado 14 de abril, e solicita o apoio dos gobernos e institucións para frear a violencia de xénero, e máis concretamente a utilización das mulleres como botin de guerra.