Educación
O goberno local “apura” a tramitación para avanzar no IES de Navia
martes, 24 xuñ 2025O goberno local aprobou de xeito definitivo a reparcelación do polígono 2 de Navia, un trámite administrativo que non se fixo antes pola inacción da Xunta durante máis dun ano. Caballero criticou a actitude do Goberno autonómico respecto desta dotación educativa dado que “incumpre o convenio, non adica o orzamento pactado e actúa con lentitude”.
Caballero felicita ao alumnado graduado da Escola de Imaxe e Sonido de Vigo
venres, 20 xuñ 2025O alcalde participou no acto de clausura do curso da Escola de Imaxe e Sonido de Vigo onde 70 alumnos e alumnas dan o salto ao mercado laboral. Caballero felicitounos polo seu traballo ao longo da súa formación e puxo en valor o labor do profesorado. Estes estudantes son desde hoxe titulados en Animación 3D, realización de audiovisuais, caracterización e maquillaxe, sonido, VDJ, iluminación e produción.
A ETRAD ofrece unha xornada de portas abertas
mércores, 18 xuñ 2025O rexedor explicou esta mércores que se levarán a cabo os días 23 e 24 de xuño.
Publicados os listados de admisión das escolas infantís municipais para o próximo curso
martes, 17 xuñ 2025O alcalde avanzou que as resolucións xa están publicadas na web de Educación do Concello. Aínda están vacantes algunhas prazas na quenda de mañá e máis na de tarde. O Concello subvenciona a totalidade do custo das escolas infantís municipais, incluído o servizo de comedor.
O Concello adxudica a obra de substitución da cuberta do CEP Celso Emilio Ferreiro, sendo “obriga da Xunta de Galicia”
venres, 13 xuñ 2025O alcalde informou este venres que terá un custe de 577.382 euros e que se realizou polo procedemento de emerxencia.
Caballero participa nunha nova edición de Faro da Escola
xoves, 12 xuñ 2025O alcalde acudiu á entrega de premios de Faro da Escola, onde o galardón do "mellor xornal" foi para a Aula do Hospital Álvaro Cunqueiro. No pavillón de Navia déronse cita ao redor de 1.400 estudantes de 40 colexios da provincia de Pontevedra onde amosaron o seu traballo na realización dun xornal. Caballero explicoulles que "deben sentir orgullo" de ser bos e boas estudantes" e agradeceu ao profesorado o seu labor na docencia e implicación co alumnado e co proxecto promovido por Faro de Vigo.
O Vigo en Inglés suma 93 novas prazas
xoves, 12 xuñ 2025A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a subvención nominativa mediante convenio ao Club Deportivo Amfiv, cun importe de 65.000 euros.
A EMAO imparte sete cursos formativos este verán
xoves, 12 xuñ 2025O alcalde informou este xoves da oferta formativa estival da Escola Municipal de Artes e Oficios que abre período de inscrición o vindeiro luns, 16 de xuño. A Escola Municipal de Teatro tamén imparte dúas formacións no mes de xullo.
O Goberno aproba o proxecto do novo muro do CEIP Valle Inclán cun investimento de preto de 200.000 euros
venres, 6 xuñ 2025O Goberno Municipal abordou hoxe a batería de proxectos que asume o Concello nos colexios Valle Inclán, Chans Bembrive e Celso Emilio Ferreiro para mellorar as súas infraestruturas e garantir a seguridade da comunidade educativa. “De novo o Concello de Vigo actuando e reparando colexios que ten que arranxar a Xunta”, afirmou.