Escoitar

O Concello reanuda as visitas escolares ás instalacións municipais

O xoves 9 de outubro volverán os escolares a visitar as instalacións municipais a través do programa Coñece o teu Concello. Está deseñado para alumnado de entre 3º de Educación Primaria e 1º da ESO.

luns, 6 out 2025

O alcalde anunciou que o próximo xoves 9 de outubro retomaranse as visitas escolares ao consistorio, a través do programa Visita o teu Concello. Trátase de visitas didácticas guiadas polas instalacións municipais para alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria e de 1º da ESO.

O obxectivo desta iniciativa educativa é dar a coñecer a estrutura, funcións e competencias do Concello de Vigo e achegar dun xeito didáctico aos escolares o relevante papel da administración local, como garante na prestación de servizos públicos de calidade. Entre outras dependencias, o alumnado coñecerá a Policía Local, as escolas, o ámbito de planificación, a Sala de Tráfico “é unha iniciativa moi ilustrativa coñecer como se toman as decisións municipais”, explicou Caballero.

Neste primeiro trimestre visitarán o Concello 20 centros educativos, pero ao longo do curso irán sumándose ao programa os centros que así o soliciten.

Descargar todas as imaxes