Escoitar

O Goberno local incrementa o orzamento de Educación ata os 18,3 millóns de euros en 2026

Entre as partidas máis destacadas está o programa Vigo en Inglés con 3.225.000 de orzamento. O Goberno municipal dedica 3.594.000 euros a limpeza, vixilancia, reparación, electricidade e calefacción nos colexios.

luns, 27 out 2025

Entre as partidas máis destacadas, Caballero subliñou as becas de comedor, con 2,5 millóns de euros, “un servizo que debería financiar a Xunta de Galicia, pero que asumimos dende o Concello para garantir que ningún neno ou nena quede sen el”.

Tamén destacou as bolsas de inglés, cun orzamento de 3.325.000 euros, o que supón un incremento de 25.000 euros, así como as bolsas para estudos de idiomas no estranxeiro a través da Escola Oficial de Idiomas, cunha partida de 175.000 euros.

O orzamento contempla ademais 3.594.000 euros para limpeza dos colexios, vixilancia e pequenos mantementos, reparacións, gasto eléctrico e calefacción.

En canto ás escolas municipais, Caballero detallou que todas contan con importantes niveis de subvención:

  • EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios): 1.373.000 euros, cun aumento de 87.000 euros. Subvencionada ao 100%.
  • Escola Municipal de Música: 485.733 euros (+39.000), cunha subvención do 70%.
  • Escola Municipal de Teatro: 102.626 euros, cunha axuda do 75% para o alumnado.
  • Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (ETRAD): 282.750 euros (+26.610), subvencionada case ao 100%.
  • Escola Municipal de Danza: 164.000 euros (+14.000), cunha subvención do 96%.

Respecto ás escolas infantís municipais, o Concello destina 2.378.000 euros, cun aumento de 38.730 euros. “As nosas nove escolas infantís son completamente gratuítas: as familias non pagan nada, nin sequera o servizo de comedor”, destacou Caballero. Ademais, o Concello cofinancia dúas escolas infantís da Xunta —Palencia e Hernán Cortés— con 205.000 euros.

Outros programas educativos tamén reciben financiamento municipal:

  • Vigo Educa, destinado ao alumnado dos colexios da cidade, con 90.000 euros.
  • UNED de Vigo, con 225.000 euros.
  • Bibliotecas municipais: Mar de Vigo (110.000 €), Neira Vilas (345.000 €), Navia (47.528 €) e a Casa do Patín en Bouzas. Amais o alcalde informou de que se ampliará a rede coa nova biblioteca de Teis.
  • Programa de educación básica para persoas adultas, con 39.000 euros.

O alcalde anunciou novas obras educativas para 2026, entre as que se inclúen:

  • Muro do CEIP Igrexa Valadares e CEIP Valle Inclán.
  • Cubrición do patio do CEIP Celso Emilio Ferreiro (755.000 euros).
  • Cubrición do patio do CEIP Lope de Vega (1.095.000 euros).
  • Renovación de cubertas nos edificios anexos do CEIP Chans Bembrive (500.000 euros).
  • Mellora do peche da parcela do CEIP Mestre Goldar (175.000 euros)
Descargar todas as imaxes