Escoitar

O ascensor panorámico entre Romil e Hispanidade terá capacidade para 13 persoas

O Concello prosegue coa instalación do ascensor entre Romil e Hispanidade, unha vez reparadas as deficiencias do muro de contención que obrigaron a atrasar os traballos durante varios meses. Ao mesmo tempo, tamén se están executando obras de humanización da Avenida da Hispanidade, entre Amor Ruibal e Feliciano Rolán.

luns, 27 out 2025

O alcalde anunciou esta mañá que o Concello xa colocou a estrutura do ascensor entre Romil e Hispanidade, ao tempo que se realizan traballos de xardinería e instalación de macetas, dado que esta actuación inclúe a humanización da Avenida Hispanidade entre as rúas Amor Ruibal e Feliciano Rolán.

Caballero lembrou que no mes de xuño aprobouse un modificado da obra ao detectar o deterioro do muro de contención no que estaba previsto que se apoiase o ascensor que comunicará Hispanidade e Romil, “estaba seriamente danado”. Foi preciso modificar o proxecto de obra vixente, xa que os técnicos detectaron a falta de cimentación no muro. Como consecuencia, o ascensor quedará retranqueado e executarase unha pasarela de desembarco á altura de Hispanidade. Tamén se modificou a estrutura da escaleira e se reforzou a instalación eléctrica.

O importe total da obra é de 1,4 millóns de euros e conta con financiamento do Goberno de España, procedentes de Fondos Next Generation UE polo proxecto de implantación de “Zonas de Baixas Emisións e Transformación Dixital e Sostenible do Transporte Urbano”. O ascensor panorámico entre Romil e Hispanidade contará con capacidade para 13 persoas e a previsión é que as obras estean rematadas antes de final de ano.

A humanización de Hispanidade, entre Amor Ruibal e Feliciano Rolán, ten un orzamento de 1.439.000 euros e conta co financiamento do Goberno de España, 945.528 euros, de Fondos Next Generation UE. Renovaranse 170 metros da rúa con novos pavimentos, novas beirarrúas, cambio das redes de saneamento, abastecemento e pluviais, novas canalizacións dos servizos para soterrar a iluminación pública e semáforos, nova sinalización e redes de rega, novo mobiliario urbano, luminarias, xardinería vexetal e arbórea e elementos decorativos.

Con esta actuación, explicou, seguimos completando o corredor mecánico desde Beiramar a Hispanidade. Partindo do ascensor de Marqués de Valterra a Torrecedeira, por Instituto Oceanográfico; do que vai desde Torrecedeira a Pi i Margall, polo parque Camilo José Cela y Juan Ramón Jiménez; o ascensor que vai Pi i Margall con Camelias, por Menéndez Pelayo; ascensor Camelias con Romil (pendente).

 

Descargar todas as imaxes