Escoitar

O Concello duplica as frecuencia das liñas nocturnas do autobús urbano na noite do Samaín

Vitrasa duplicará este ano as frecuencias das tres liñas nocturnas con motivo da noite do Samaín, co obxectivo de facilitar os desprazamentos e ofrecer unha alternativa segura e accesible a todas as persoas que participen nas celebracións do 31 de outubro.

luns, 27 out 2025

A liña C1 pasará a ter unha frecuencia de 15 minutos, mentres que as liñas N1 e N4 operarán con frecuencias de 35 minutos. Ademais, o servizo prestarase con vehículos articulados co fin de aumentar a capacidade e responder á elevada demanda prevista.

Durante a pasada edición, máis de 3.200 persoas empregaron o servizo nocturno especial que garante un retorno cómodo e seguro.

 

 

 

Descargar todas as imaxes