O alumnado do CEIP Frián Teis visita o Concello
O alcalde, a primeira tenente de alcalde e a concelleira de Educación, recibiron este martes no Salón de Plenos do Concello a 44 alumnos de sexto de primaria do CEIP Frián Teis que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello". Abel Caballero, explicou a incidencia e a importancia das decisións que adopta o goberno municipal na calidade de vida de toda a cidadanía e para "sentir o orgullo de ser de Vigo".