O alumnado do CEIP Coutada-Beade visita o Concello

martes, 18 out 2016

O rexedor recibiu este martes a un grupo de estudantes de 4º e 5º curso de Educación Primaria do CEIP Coutada-Beade que visitaron as instalacións municipais dentro do programa "Coñece o teu Concello", onde aproveitaron para facerlle cuestións e propostas a Abel Caballero. Con esta iniciativa, o alumnado achégase ao labor que desenvolve o goberno local e teñen coñecemento, de primeira man, do funcionamento da institución municipal.

Comeza o curso da Escola Municipal de Danza con 250 alumnos

martes, 11 out 2016

O alcalde inaugurou este martes en dependencias municipais o curso da Escola Municipal de Danza na que se formarán 250 alumnos do total de 1.560 que cursan nas Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas especialidades de artes e oficios, danza, música, música tradicional e teatro. O rexedor define a oferta como "moi importante" porque a través desta aprendizaxe vanse formando as persoas que manteñen "as pezas clave da cultura tradicional", engadindo que para o Concello é "unha satisfacción mantelas e aumentar o seu presuposto e a súa participación".

1.560 alumnos comezan o curso nas Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas

luns, 10 out 2016

Este luns iníciase o curso 2016-2017 na Escola Municipal de Teatro na que 150 alumnos se formarán en interpretación e dramatización, cun acto no que participa o alcalde de Vigo. En total serán 1.560 alumnos vigueses os que estudarán nas Escolas Municipais ao longo do curso: 580 na de Música, 580 na de Música Tradicional e Folk e 250 na Escola Municipal de Danza. <br /> <br />

O rexedor pon en valor o proxecto educativo do CEIP Seis do Nadal

martes, 13 set 2016

Durante a visita que realizou hoxe ao centro polo inicio do novo curso no ensino Infantil e Primario, Caballero informou da dotación por parte do Concello ao centro dun columpio adaptado para que o alumnado con discapacidade poida xogar en igualdade de condicións. Amais, incidiu na importancia do plan de tráfico posto en marcha nos colexios pedindo a cooperación veciñal para respectalo.

As oito Escolas Municipais Infantís inician o curso con 620 prazas ofertadas

martes, 6 set 2016

O alcalde destaca o cumprimento do compromiso adquirido polo seu goberno de "aumentar as escolas infantís e o número de prazas" con oito centros aos que o Concello destina 1.714.000 euros. Amais puxo en valor a elevada porcentaxe de familias que reciben subvención para este servizo e o máximo de 124 euros que pagan aquelas que non teñen dereito ao financiamento.