mércores, 4 dec 2019
Abel Caballero visitou este mércores o Colexio Plurilingüe Niño Jesús de Praga onde coñeceu os proxectos educativos sobre a cidade de Vigo que levan a cabo o alumnado das aulas infantís. Os máis pequenos recibiron ao alcalde no salón de actos e o acompañaron nun percorrido polo centro educativo para explicarlle os traballos que realizan con Vigo como temática central.
venres, 29 nov 2019
O alcalde foi invitado a participar este venres no acto de inauguración da nova biblioteca escolar. As reformas executadas foron financiadas en gran parte coa partida de autoxestión que o Concello de Vigo adica ao centro.
mércores, 6 nov 2019
O Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará este xoves as bases e a convocatoria do programa, que presenta un orzamento de 175.000 euros para incrementar ata cen o número de estadías subvencionadas no estranxeiro.
luns, 28 out 2019
O Concello de Vigo apoiará grazas ao convenio con Foanpas as actividades extraescolares dun total de 8.945 alumnos e alumnas. A iniciativa tamén inclúe as aulas matinais que utilizan outros 858 escolares.
venres, 25 out 2019
Abel Caballero saudou este venres ao alumnado de quinto de primaria do CEIP Emilia Pardo Bazán que iniciaba o percorrido didáctico na Praza do Rei dentro do programa "O Nautilus e o tesouro das Illas Cíes" animándoos a achegarse á historia da cidade a través desta experiencia. Este programa educativo municipal achega aos estudantes vigueses a historia do arquipélago das Cíes, que defende a ría de Vigo, a pegada de Xulio Verne na cidade e a batalla de Rande desde a perspectiva de "20.000 leguas de viaxe submarina".
xoves, 24 out 2019
Estudantes de varios centros de ensino secundario da cidade presenzaron este xoves a proxección de varios capítulos da serie "Skam" no Auditorio Municipal e participaron nun coloquio sobre o ciberacoso, despois de que Abel Caballero os convidase a reflexionar sobre a necesidade de eliminar as barreiras para que tódolos espectadores poidan gozar do cine. O Auditorio Municipal e o cine Salesianos acollen ata este sábado a cuarta edición do Festival de Cinema Inclusivo de Vigo cun programa completo que quere achegar o cinema a tódalas persoas co sistema de audiodescrición e subtítulos.
xoves, 10 out 2019
Abel Caballero deu conta esta mañá do acordo "practicamente pechado" coa Universidade para o pago do IBI que a institución académica ten pendente coa administración local. Así o explicou o rexedor logo de manter un encontro co reitor Manuel Reigosa, con quen asegurou manter relacións fluídas.
mércores, 9 out 2019
O encontro no que expertas na materia abordarán este tema e no que se compartirán as experiencias de varios centros educativos da cidade celébrase os días 6 e 7 de novembro.
martes, 1 out 2019
Dentro do programa complementario da Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo", terá lugar a conferencia A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista, a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, o mércores 2 de outubro ás 19.30 na Biblioteca da EMAO.
luns, 23 set 2019
Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Vigo a preto de dous centenares de estudantes vigueses que viaxaban ao Reino Unido para gozar da bolsa municipal de inmersión lingüística, un programa ao que o Concello dedica 2,2 millóns de euros.