Escoitar

O alcalde constata a “desatención” da Xunta aos colexios públicos e citará aos seus directores

Logo dunha reunión coa Asociación de Directores de Colexios Públicos, Caballero asegurou que “xa só o Concello” atende a estes centros e recordou que a Xunta non contestou á súa proposta de cofinanciar un plan de adecuación das instalacións. O rexedor citará aos responsables dos 50 colexios públicos para “facer balance de situación”.

luns, 3 feb 2020

En declaracións posteriores á reunión, Abel Caballero indicou que goberno de Vigo e Asociación “constatamos conxuntamente a importante desatención da Xunta de Galicia aos cincuenta colexios públicos da cidade de Vigo”, ao non asumir a “necesaria recuperación das instalacións” dos colexios, nin “os problemas dos comedores” nin cubriu ningún patio de colexio na cidade.

“A desatención da Xunta de Galicia aos colexios públicos de Vigo é total, de tal modo que xa só o Concello os atende”, asegurou Caballero, quen anunciou que reunirá aos cincuenta directores e directoras dos centros para “facer balance da situación”. O rexedor manifestou que “o ensino público en Vigo ten do seu lado ao Concello”.

O alcalde recordou que propuxera ao goberno de Núñez Feijóo un plan de adecuación e modernización de instalacións deste medio centenar de colexios públicos, a abonar a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia. “Non é a nosa obriga nin a nosa competencia, pero é a nosa vocación. A resposta foi o silencio total”, lamentou o alcalde. “Seguiremos traballando polo ensino público e polas súas instalacións”, concluíu.

Descargar todas as imaxes