mércores, 5 feb 2020
O Concello de Vigo iniciará a aprobación definitiva do Plan Parcial de Navia supeditando o resto da tramitación a que a Xunta asuma o convenio de colaboración que garanta a construción do instituto de Navia. O documento proposto polo Concello recolle que o IES sexa a primeira edificación en uso no ámbito do Plan Parcial.
mércores, 5 feb 2020
O goberno de Vigo acordará mañá xoves a proposta, toda vez que o recurso administrativo non foi contestado polo goberno autonómico. Segundo recordou o alcalde, a Xunta obriga ao Concello a abonarlle máis de 200.000 euros anuais polas escolas infantís que xestiona o Consorcio autonómico en Valadares e rúa Palencia
mércores, 5 feb 2020
A rexedora do municipio barcelonés duns 76.000 habitantes veu coñecer o proxecto “Vigo Cidade de Cor”, que leva a arte ás medianeiras da cidade. Abel Caballero e Carmela Silva mantiveron unha reunión con Ana María Martínez e valoran elevar unha proposta á FEMP para estender esta iniciativa
mércores, 5 feb 2020
Na primeiro reunión oficial entre Abel Caballero e Digna Rivas, ámbolos rexedores acordaron asinar un convenio mediante o cal os bombeiros de Vigo asuman a extinción de incendios en Redondela. Abordaron tamén a cooperación na Senda Verde e na Senda da Auga.
mércores, 5 feb 2020
Vigo ten un “escandaloso déficit” de prazas públicas en residencias de maiores, moi por debaixo da media galega e nacional. Con 604 prazas, a ratio de Vigo é dun 0,9%, a galega, dun 3% e do conxunto de España, dun 4%. A OMS recomenda unha media dun 5%, polo que a nosa cidade precisa de 2.500 novas vacantes en centros asistenciais de maiores.
mércores, 5 feb 2020
É o resultado dun dos proxectos da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade que, segundo o alcalde, permite o achegamento entre ciencia, cultura e sociedade a través de residencias artísticas nas Illas.
mércores, 5 feb 2020
Volve o Galiexpo Motor Show da man do Concello de Vigo e da Deputación. Manel Fernández, concelleiro de Deportes, deu a benvida a “un evento de gran importancia na nosa cidade porque toca diferentes actividades en torno ao motor e, ademais, é dos que xa non quedan, pois é o único destas características en toda España”, dixo