O goberno de Vigo prevé ter lista no verán a ordenanza que converterá Samil e Rodas en praias libres de fume

O Concello traballa xa nesta norma, que tamén será aplicada no estadio municipal de Balaídos desde mediados de agosto, segundo confirmou Abel Caballero hoxe martes, Día mundial contra o cancro. O alcalde achegouse á carpa informativa instalada pola AECC en Príncipe con Urzáiz

martes, 4 feb 2020

 As praias de Samil e de Rodas e o estadio municipal de Balaídos quedarán libres de fume este verán, segundo a previsión municipal que adiantou este martes o alcalde. O Concello traballa xa nas ordenanzas que o regulen.

Confirmouno Abel Caballero este martes, Día mundial contra o cancro, data na que o rexedor quixo achegarse ata a carpa informativa despregada pola xunta local de Vigo da Asociación Española contra o Cancro (AECC). Este ano, co propósito de que a palabra “cancro” non sexa un tabú.

Sobre esta xornada, o alcalde pediu que as administracións públicas adiquen recursos á investigación contra o cancro, posto que “a experiencia demostra” que os avances derivados da investigación nos tratamentos “son importantísimos”.

Descargar todas as imaxes