martes, 4 feb 2020
“A próxima semana voume ver co director xeral de Aviación Civil exclusivamente para solicitarlle celeridade na emisión do informe preceptivo e vinculante sobre a ampliación do IFEVI”, avanzou este martes Abel Caballero, como xa fixera co responsable de Estradas. O alcalde contrapuxo o “empeño total” do Concello na ampliación cos “paus na roda” da Xunta de Galicia
martes, 4 feb 2020
O Concello de Vigo presentou alegacións á modificación puntual do PXOM de Mos para encaixar un centro comercial de 130.000 m2 porque menoscaba os intereses da cidade. Os servizos técnicos entenden que o proxecto é lesivo para Vigo porque merma o comercio local e, ademais, utiliza servizos públicos da cidade (transporte público e auga) sen que Vigo reciba compensación algunha a cambio
martes, 4 feb 2020
O Concello traballa xa nesta norma, que tamén será aplicada no estadio municipal de Balaídos desde mediados de agosto, segundo confirmou Abel Caballero hoxe martes, Día mundial contra o cancro. O alcalde achegouse á carpa informativa instalada pola AECC en Príncipe con Urzáiz
martes, 4 feb 2020
Con motivo da celebración do Día das Zonas Húmidas, Abel Caballero puxo en valor ante os escolares dos CEIP Balaídos e Seis do Nadal os 314.000 metros cadrados de zonas húmidas da cidade.