Escoitar

Rubí propón que Vigo lidere a Rede Internacional de Cidades de Cor

A rexedora do municipio barcelonés duns 76.000 habitantes veu coñecer o proxecto “Vigo Cidade de Cor”, que leva a arte ás medianeiras da cidade. Abel Caballero e Carmela Silva mantiveron unha reunión con Ana María Martínez e valoran elevar unha proposta á FEMP para estender esta iniciativa

mércores, 5 feb 2020

 

Abel Caballero sinalou que Ana María Martínez é “unha entusiasta” da idea das medianeiras, un proxecto que en Vigo supera o lustro de vida con ducias de obras de arte nas rúas da cidade. A alcaldesa quere coñecer “en detalle” o desenvolvemento vigués e incluso estudar a posibilidade de levar a iniciativa á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde vigués.

A rexedora de Rubí propúxolle a Caballero que Vigo lidere a primeira Rede Internacional de Cidades de Cor, un proxecto no que están traballando dende o concello barcelonés e que englobaría aquelas urbes que destaquen pola súa cor social, cultural, industrial e que traballan en rede, mediante cooperación competitiva e intercambiando coñecemento en tódalas materias

Descargar todas as imaxes