luns, 19 out 2009
O Servizo de Educación do Concello de Vigo no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", organiza unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.

Laura López Atrio visitou esta mañá a EOI, que cumpre a segunda xornada de protestas
venres, 16 out 2009
A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, acudiu esta mañá a Escola Oficial de Idiomas para mostrar o seu apoio á mobilización iniciada onte polo profesorado e o alumnado do centro, que cumpren hoxe o segundo día de pecha na instalación docente.
xoves, 8 out 2009
A Escola Municipal de teatro de Vigo abre o seu prazo de matrícula ata o vindeiro 16 de outubro para o curso escolar 2009/2010, e as solicitudes poden presentarse directamente nas dependencias do Servizo Municipal de Educación.A oferta didáctico teatral é variada, aberta a persoas de 6 anos en diante, e atende a todos os colectivos con inquedanzas artísticas.
xoves, 8 out 2009
La Escuela Municipal de teatro de Vigo abre su plazo de matrícula hasta el próximo 16 de octubre para el curso escolar 2009/2010, y las solicitudes pueden presentarse directamente en las dependencias del Servicio Municipal de Educación. La oferta didáctico-teatral es variada, abierta a personas de 6 años en adelante, y atiende la todos los colectivos con inquietudes artísticas.
martes, 29 set 2009
Laura López Atrio asegurou este martes que a demanda para uso dos comedores escolares está a aumentar e oito colexios públicos xa están saturados e non asumen máis nenos. A edil instou á Xunta de Galicia a exercer as súas competencias educativas na cidade e adiantou que o Concello ampliará os comedores de non facelo o goberno autonómico.
mércores, 23 set 2009
Tras unha reunión co ANPA do centro, o alcalde lles anunciou que o Concello asumirá os 18.000 euros que custa aproximadamente o mantemento do transporte duns 200 escolares ao Colexio Mosteiro. A Xunta de Galicia retiroulles a subvención, segundo indicaron, e o Concello a asumirá, pois "en momentos de crise non imos fallar ao sistema educativo da cidade", salientou o alcalde.
O PILI -programa de inmersión en lingua inglesa- 2009 permite a estadía de 125 alumnos/as, en réxime de inmersión linguística, durante tres semanas, dende o 12 de setembro ao 3 de outubro en cinco localidades inglesas:
venres, 11 set 2009
Esta iniciativa didáctica municipal ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado de 4º de ESO dos institutos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo.

xoves, 10 set 2009
O alcalde Abel Caballero inaugurou esta mañá o inicio do curso escolar no centro público Josefa Alonso de Matamá.Este curso serán 10.000 estudantes nos centros públicos de Vigo, 3.000 no ciclo de infantil e 7.000 de primaria.
martes, 8 set 2009
O alcalde Abel Caballero realizou hoxe unha visita ás obras de acceso ao colexio Carballal en Candeán. As obras consistiron na construcción de 200 metros de aceras desde a Avda. do Aeroporto ata o centro educativo.
Por primeira vez poderá facerse dende internet
xoves, 3 set 2009
Un ano máis a Escola Municipal de Artes e Oficios realiza a súa oferta formativa á cidade. Ata o día 15 de setembro permanecerá aberto o prazo de preinscrición para o curso de iniciación nas especialidades de Cerámica, Encadernación, Construcción tradicional de Gaita e Zanfona, Luthería antiga, Debuxo, Pintura, Escultura e Talla en Madeira, Ourivería, Moda e Confección, Encaixe de Palillos, Ourivería e Repuxado en Coiro.